{"product_id":"ulises-wensell-o-homino-vestido-de-gris-e-outros-contos-9788484648901","title":"O homiño vestido de gris e outros contos","description":"Un homiño grisáceo, un espantallo bailarín, un bosque pétreo... ata oito relatos que forman esta gran obra clásica e que nos permiten reflexionar sobre a liberdade e a xustiza, a felicidade e os soños, a igualdade e a tolerancia.?O homiño vestido de gris e outros contos? é un clásico publicado en 1978 que reúne oito relatos poéticos, co encanto e coa maxia de antano, para seguir emocionando os lectores do presente e do futuro. Fernando Alonso expón que, con imaxinación, pode haber máis dun final para unha historia e que os soños ás veces cúmprense. Tamén nos invita a facer unha reflexión sobre a utilidade e a beleza oculta dos obxectos; ou sobre a busca da felicidade e a súa conquista grazas ao esforzo colectivo. A liberdade está presente nas páxinas deste libro, xunto coa fantasía e coa ilusión. Advírtenos sobre a tiranía e defende a loita pola igualdade.Destas lecturas despréndese a importancia de combater a intolerancia, a inxustiza e o egoísmo, de volver á nenez e de gozar dos pequenos momentos para construírmos un mundo mellor.Acompañando os textos, as fermosas e sinxelas ilustracións de Ulises Wensell achegan frescura e dinamismo: caligrafías, escenas descritivas, detalles de obxectos e personaxes, e símbolos decorativos, completan a obra.","brand":"Kalandraka Editora","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53135559852374,"sku":"9788484648901-G","price":16.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788484648901_1_2a822979-403a-4982-88eb-b5677a208a78.jpg?v=1781605546","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/ulises-wensell-o-homino-vestido-de-gris-e-outros-contos-9788484648901","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}