{"product_id":"rexina-vega-o-teu-perfil-na-mina-sombra-9788411761994","title":"O teu perfil na miña sombra","description":"\"O teu perfil na miña sombra\" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o \"ser muller\": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de corpos e voces silenciadas. A definición da maternidade vña desde outro lugar, marcada por arquetipos perversos que levaban cosidos moi dentro a idea do sacrificio e o seu reverso de culpa. A partir da marcha da filla, asistimos nestas páxinas ao relato dese tempo marcado pola síndrome do niño baleiro, o que dá pé a unha reflexión sobre o complexo mundo das relacións maternofiliais, sobre o que herdamos e o que só a nosa responsabilidade pertence, sobre a vivencia do corpo, sobre as sombras e mais o gozo. De fondo, a consciencia da tremenda ambivalencia dunha aventura que se debate entre o un e o diverso, entre a apropiación radical da outra e a asunción, tamén radical, da alteridade.","brand":"Editorial Galaxia, S.A.","offers":[{"title":"Used - very good","offer_id":54008492720470,"sku":"9788411761994-V","price":12.79,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788411761994_1.jpg?v=1779886138","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/rexina-vega-o-teu-perfil-na-mina-sombra-9788411761994","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}