{"product_id":"maria-reimondez-multitudes-9788411102339","title":"Multitudes","description":"Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a reescribir o presente, árbores e persoas tentarán espallar unha semente de cambio nun mundo que busca rexenerarse.Tras os acontecementos de \"Cobiza\", \"Multitudes\" retoma os seres completos nunha continuidade de acontecementos. Mentres Seh-Dong e as rebeldes loitan contra as Familias, Dandara, Tassi e o resto navegan o Mar de Plásticos na travesía contraria á que trouxo os seres completos á antiga Capital do Oeste. Na necesidade urxente de confluír, atoparán respostas, tamén sobre o que aconteceu no pasado.Cunha multiplicidade de voces e percorridos, \"Multitudes\" é unha chamada á rebeldía vexetal da especie humana.","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Used - like new","offer_id":53576368587094,"sku":"9788411102339-N","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788411102339_1_caf548cc-1f99-4470-94cf-d24c005466a6.jpg?v=1778538271","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/maria-reimondez-multitudes-9788411102339","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}