{"product_id":"lopo-santiago-a-arte-de-trobar-9788491212737","title":"A arte de trobar","description":"No século XIII, unha \" troupe \" de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga.\" A arte de trobar \" é unha novela luminosa, escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego e occitano.Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, \" A arte de trobar \" constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53419494244694,"sku":"9788491212737-G","price":7.89,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788491212737_1.jpg?v=1781664320","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/lopo-santiago-a-arte-de-trobar-9788491212737","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}