{"product_id":"lois-perez-a-tribo-do-mar-9788411104043","title":"A tribo do mar","description":"Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes. Libia non era o que pensaba. O Mediterráneo parece agora infranqueábel. No entanto, a \"influencer\" Dakota Amazing ultima o seu novo \"reel\". O deserto é \"supercool\"!Pero o deserto é unha boca que ten sede nun mundo que ten fame. E non hai nada comparábel a Simún. Porque, quen ouse desafialo, será envolto polas ondas de area. Cando se vai, quen sobrevive non esquece o seu rostro.Unha aventura que mira as feridas do mundo e navega polas súas historias invisíbeis. Coma unha tribo do mar.","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53522111103318,"sku":"9788411104043-G","price":6.69,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788411104043_1.jpg?v=1778226924","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/lois-perez-a-tribo-do-mar-9788411104043","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}