{"product_id":"lois-pereiro-sanchez-pereiro-sanchez-l-modesta-proposicion-e-outros-ensaios-9788499142319","title":"Pereiro Sánchez, L: Modesta proposición e outros ensaios","description":"A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E reafirman o compromiso radical de Lois Pereiro coa literatura e co mundo no que vivía. «Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse», reclamaba na Modesta proposición. Este ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas, Lois Pereiro faría 53 anos e sería un dos poetas de referencia. De feito éo, a pesar de que, ata este ano, unicamente tiña publicados dous poemarios e un terceiro póstumo, esgotados ou difíciles de atopar. Cento e pico poemas chegáronlle para ser a un tempo unha das voces máis innovadoras da lírica galega de finais do século XX e, como aventurou Manuel Rivas xa en 1993, o clásico que ten a literatura galega sen sabelo.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53139954893142,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788499142319_1.jpg?v=1781606909","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/lois-pereiro-sanchez-pereiro-sanchez-l-modesta-proposicion-e-outros-ensaios-9788499142319","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}