{"product_id":"heather-morris-o-tatuador-de-auschwitz-9788491215653","title":"O tatuador de Auschwitz","description":"\" O tatuador de Auschwitz \" , de Heather Morris, conta a historia real de Lale e Gita, dous xudeus eslovacos que conseguiron sobrevivir ao Holocausto. Lale era un tatuador ao que os nazis obrigaban a gravar a numeración nos brazos dos prisioneiros. Así coñeceu a Gita, da que namorou intensamente, tanto que grazas a iso puideron recobrar o sentido da vida e sobrevivir ao horror.\" O tatuador de Auschwitz \" é un extraordinario relato de superación, amor e supervivencia no medio do Holocausto.Cando remata a guerra, Lale e Gita volven atoparse e deciden trasladarse a Australia para iniciar unha nova vida. Unicamente tras a morte de Gita, Lale decide dar a coñecer a súa incrible historia a través de Heather Morris.'Sincera, emotiva.' (The Sunday Times)'Unha lectura realmente notable.' (Dan Walker, BBC Breakfast)'Unha historia emotiva e redentora de amor e altruísmo.' (Times Literary Supplement)'A incrible historia do tatuador de Auschwitz que atopou o amor no campo de concentración... Desgarrador.' (The Independent)","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53604279877974,"sku":"9788491215653-G","price":23.44,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/heather-morris-o-tatuador-de-auschwitz-9788491215653","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}