{"product_id":"fernandez-jacobo-serrano-mil-cousas-poden-pasar-libro-i-infantil-e-xuvenil-merlin-de-9-anos-en-diante-9788499141886","title":"Mil cousas poden pasar. Libro I (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante)","description":"Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53606444106070,"sku":"9788499141886-G","price":1.7,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788499141886_1.jpg?v=1781722712","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/fernandez-jacobo-serrano-mil-cousas-poden-pasar-libro-i-infantil-e-xuvenil-merlin-de-9-anos-en-diante-9788499141886","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}