{"product_id":"fernandez-jacobo-serrano-lois-pereiro-breve-encontro-un-achegamento-comiqueiro-a-biografia-e-a-obra-do-poeta-9788499142517","title":"Lois Pereiro, breve encontro : un achegamento comiqueiro á biografía e á obra do poeta","description":"Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - very good","offer_id":53564101755222,"sku":"9788499142517-V","price":14.69,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788499142517_1.jpg?v=1783579719","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/fernandez-jacobo-serrano-lois-pereiro-breve-encontro-un-achegamento-comiqueiro-a-biografia-e-a-obra-do-poeta-9788499142517","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}