{"product_id":"eva-moreda-rodriguez-a-veiga-e-como-un-tempo-distinto-9788499142333","title":"A veiga é como un tempo distinto","description":"Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, o valor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaia de Twiggy. Para eles, dous mozos emigrantes, A Veiga, o seu territorio de orixe, quedara conxelada no mesmo día que a abandonaran, converténdose nun tempo distinto. Narrada cunha prosa elegante e medida, esta novela retrata, dende o punto de vista das mulleres, o percorrido vital dunha comunidade de emigrantes galegos en Londres durante a década de 1960. Os límites dos vínculos afectivos entre cada un dos seus membros, o amor, a soidade son temas principais dun relato onde o valor das emocións ten un peso decisivo. Mais, tamén, percorren as páxinas da novela as profundas mudanzas sociais que xermolaron na Europa daquel momento, dende o nacemento do movemento de liberación da muller e do sindicalismo feminino ao agromar da música pop e da súa cultura, fenómenos que anos máis tarde tanto influíron nos cambios profundos da sociedade galega.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - very good","offer_id":53533978263894,"sku":"9788499142333-V","price":16.49,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788499142333_1.jpg?v=1778264049","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/eva-moreda-rodriguez-a-veiga-e-como-un-tempo-distinto-9788499142333","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}