{"product_id":"eirin-leticia-en-este-son-un-cantar-farei-estudos-sobre-o-universo-das-cantigas-9783968696928","title":"En este son un cantar farei : estudos sobre o universo das cantigas","description":"En este son un cantar farei. Estudos sobre o universo das cantigas recolle once traballos que presentan aproximacións recentes ao estudo das cantigas medievais galego-portuguesas, e nomeadamente das pertencentes ao xénero de amigo. Focan aspectos tan fundamentais como as peculiaridades da transmisión manuscrita e codicolóxica das cantigas, a xenealoxía dos trobadores, a edición crítica dos textos, alén da revisión de proxectos en curso como Universo Cantigas ou de relecturas poéticas que se fixeron e fan do xénero de amigo nas poesías galega, portuguesa e brasileira contemporáneas.Estes estudos son obra de doce especialistas procedentes dos ámbitos galego, portugués e italiano e pretenden contribuír a ampliar, desde o rigor filolóxico e tamén histórico, este campo de investigación, coa esperanza de abrir novos diálogos e percursos que engrandezan o xa vizoso ámbito do universo das cantigas galego-portuguesas.","brand":"Vervuert Verlagsges.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53762011627862,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9783968696928_1.jpg?v=1781800079","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/eirin-leticia-en-este-son-un-cantar-farei-estudos-sobre-o-universo-das-cantigas-9783968696928","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}