{"product_id":"dolores-maria-meira-redondo-o-gardian-invisible-9788499144795","title":"O gardián invisible","description":"Dolores Redondo Meira, unha autora navarra de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa segunda novela, un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado. Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le. O gardián invisible de Dolores Redondo, editada en trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, euskera, grego e galego, lánzase a nivel mundial neste mes de xaneiro de 2013. Están xa vendidos os dereitos cinematográficos a Nadcon Films para unha película que vai ser dirixida por Peter Nadermann.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53604694425942,"sku":"9788499144795-G","price":1.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788499144795_1_9a8202c9-dd18-468e-8eb1-d2b7c3373d8b.jpg?v=1781721795","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/dolores-maria-meira-redondo-o-gardian-invisible-9788499144795","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}