{"product_id":"dahl-roald-charlie-e-o-grande-ascensor-de-cristal-9788497822787","title":"Charlie e o grande ascensor de cristal","description":"Nesta continuación de Charlie e a fábrica de chocolate, Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección. De repente, por mor dun fallo técnico, as cousas comezan a ir mal: o aparello elévase máis e máis ata entrar na órbita terrestre. Charlie e os seus acompañantes enfrontaranse a múltiples perigos e aventuras divertidísimas, mesmo chegando a ter que defenderse de viciosos monstros do espazo. Charlie e o grande ascensor de cristal é a segunda entrega da serie protagonizada por Charlie e o señor Willy Wonka, personaxes creados por Roald Dahl, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta serie considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. Traducida a múltiples linguas, a presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53419245207894,"sku":"9788497822787-G","price":1.5,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788497822787_1_098b19fb-19bf-41fd-a964-d4366e9a5101.jpg?v=1778195016","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/dahl-roald-charlie-e-o-grande-ascensor-de-cristal-9788497822787","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}