{"product_id":"dahl-roald-charlie-e-a-fabrica-de-chocolate-9788497822770","title":"Charlie e a fábrica de chocolate","description":"O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes. Charlie Bucket atopará un dos billetes máxicos e será un dos rapaces afortunados que entren na fábrica das marabillosas lambetadas. Esta será unha visita que mudará a súa vida para sempre. Charlie e a fábrica de chocolate é a novela máis famosa de Roald Dhal, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. Traducida a múltiples linguas, a súa adaptación cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp será estreada no verán 2005. A presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53565811818838,"sku":"9788497822770-G","price":1.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788497822770_1.jpg?v=1779778899","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/dahl-roald-charlie-e-a-fabrica-de-chocolate-9788497822770","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}