{"product_id":"dacasa-medina-xacobe-lembranzas-dun-mestre-subversivo-9788411103046","title":"Lembranzas dun mestre subversivo","description":"Natalia descobre o pasado familiar cando o seu pai, Manuel, cae enfermo e a súa nai, María, lle conta, en longas conversas, as circunstancias que ambos os dous viviron desde mozos. Manuel é un profesor de filosofía rebelde, que afronta a súa enfermidade con optimismo e está marcado por un pasado antifranquista que o levou a procurar seguridade fóra de España. Os problemas coa familia, o seu traballo docente, a fuxida de Madrid, a aparición de personaxes ligados coa resistencia á ditadura ou a música dos Beatles, vanse alternando co seguimento da enfermidade, coa relación entre o avó e o neto e coas conversas entre Natalia e a súa nai.\"Lembranzas dun mestre subversivo\", de Xacobe Medina, é unha novela onde o fío argumental principal vai dando pé a diversas historias de resistencia e subversión, historias inconformistas que relatan, desde o presente, un tempo que marcou a ferro moitas vidas.","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53918822236502,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788411103046_1.jpg?v=1781885715","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/dacasa-medina-xacobe-lembranzas-dun-mestre-subversivo-9788411103046","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}