{"product_id":"costas-ledicia-escarlatina-a-cocineira-defunta-9788411103596","title":"Escarlatina, a cociñeira defunta","description":"Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu un megasusto: un cadaleito acompañado dun sobre onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén. Unha historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53771223892310,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788411103596_1.jpg?v=1781806147","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/costas-ledicia-escarlatina-a-cocineira-defunta-9788411103596","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}