{"product_id":"catalan-santiago-tobia-arquitecturas-debuxadas-lugo-9788491211204","title":"Arquitecturas debuxadas : Lugo","description":"O arquitecto Santiago Catalán ofrece neste libro un itinerario visual inédito sobre a cidade de Lugo. Arquitecturas debuxadas polo autor con asombrosa fidelidade a algúns dos espazos e das edificacións emblemáticas da cidade bimilenaria, como a catedral, a casa do Concello, a praza do campo e a muralla. Unha obra que, ademais, homenaxea a Juan Álvarez de Mendoza, Luis Bellido, Nemesio Cobreros, Eloy Maquieira ou Alfredo Vila, arquitectos que deseñaron a cidade e renovaron o seu urbanismo no último século. En palabras de Paco Martín, \"Santiago Catalán, nesta obra, que non dubido en cualificar de substancial para o coñecemento da nosa cidade, descorre coa mao sensible do artista a cortina que gardaba da nosa vista moito diso que cada día miramos pero que non sempre vemos\". \"Arquitecturas debuxadas vén achaiar o camiño do viaxeiro interesado despechándolle portas á curiosidade intelixente, a encher de arte e coñecemento ese espazo que o costume e a rutina foron baleirando na sabenza dos lugueses\". Un libro que Santiago Jaureguizar cualifica como \"celebración das porcións de Lugo, æque adscribeÆ á Cidade Eterna\", engadindo que \"o vademécum de Catalán é o inventario que o noso sandador nos lega para indicarnos a arquitectura luguesa que debemos preservarö.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53136045572438,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788491211204_1.jpg?v=1781605668","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/catalan-santiago-tobia-arquitecturas-debuxadas-lugo-9788491211204","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}