{"product_id":"castro-de-rosalia-la-flor-a-mi-madre-poesia-dispersa-e-traducions-9788411103664","title":"La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións","description":"Despois de 'Cantares gallegos' (1863), 'Follas novas' (1880) e 'En las orillas del Sar' (1884), esta entrega, que recolle o resto da produción poética de Rosalía de Castro, acaba por completar un conxunto lírico extraordinario que converte a autora nun referente contemporáneo da literatura europea. 'La flor' (1857), 'A mi madre' (1863) e o conxunto da súa poesía dispersa e traducións, entre o que hai verdadeiros tesouros poéticos, enriquecen e completan un proxecto de sólida envergadura e acaban de perfilar con sorprendentes achegas unha figura única e irrepetible das letras galegas e españolas.Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín ('A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego'), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de 'La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións' ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53918822629718,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788411103664_1.jpg?v=1781885715","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/castro-de-rosalia-la-flor-a-mi-madre-poesia-dispersa-e-traducions-9788411103664","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}