{"product_id":"carredano-cobas-ramon-veleno-tinto-unha-aventura-de-frei-samuel-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo-9788497827232","title":"Veleno tinto : unha aventura de Frei Samuel (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)","description":"Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime. Veleno tinto é unha apaixonante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis sin-gulares e divertidos da nosa narrativa actual.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53604745871702,"sku":"9788497827232-G","price":1.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788497827232_1.jpg?v=1781721806","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/carredano-cobas-ramon-veleno-tinto-unha-aventura-de-frei-samuel-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo-9788497827232","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}