{"product_id":"barreiro-feijoo-pedro-caminar-o-vigo-vello-un-paseo-pola-historia-da-cidade-9788491213260","title":"Camiñar o Vigo vello : un paseo pola historia da cidade","description":"De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos. E que, como os libros de historia, tamén conta cun amplo relatorio de anécdotas, memorias, imaxes de época e documentos nalgúns casos inéditos a día de hoxe. Pero en realidade este libro é outra cousa...É a carta dun namorado, o convite para saír a camiñar e redescubrir a cidade a través das rúas e prazas do seu barrio vello. A proposta de coñecer Vigo da man dun paseo que, sobre todo, se fai sen présa, devagar, deixando que os nosos pasos se perdan polo mar de anécdotas e historias que conforman a memoria da cidade. Porque, á fin e ao cabo, esa é a verdade: nada máis hai que saber onde observar con atención para descubrir que entre as luces e sombras da cidade vella aínda permanecen visibles os vestixios das moitas vidas que amalgamaron o Vigo vello. Eis a eterna vila mariñeira, si, pero tamén aqueloutra que os seus veciños defenderon a ferro e lume en máis dunha ocasión, e o Vigo industrial, e o metropolitano, e mais tamén o corsario.Esta é a proposta que se fai neste libro: saír a camiñar o Vigo vello, e coñecelo de primeira man, a través do seu paseo.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53136045769046,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788491213260_1.jpg?v=1781605668","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/barreiro-feijoo-pedro-caminar-o-vigo-vello-un-paseo-pola-historia-da-cidade-9788491213260","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}