{"product_id":"araujo-cajaraville-hector-denebola-a-roxa-infantil-xuvenil-9788499952109","title":"Denébola a Roxa (Infantil-Xuvenil)","description":"O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas máis brillantes da constelación de Leo, loitará por un futuro máis luminoso ca este que o seu pai, o poderoso señor de Mourentán, elixiu para ela. Marcada pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, buscará o modo de rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas do seu destino. Na súa viaxe á procura da liberdade acabará chegando a América, un Novo Mundo no que todo está por facer e onde é posible converter en realidade o soño de trazar o seu camiño na vida. Ao longo da novela asistimos á transformación da xove protagonista nunha muller que se rebela contra os prexuízos, as convencións e os costumes do seu tempo. Nunha época en que as mulleres están subordinadas por completo aos designios masculinos e condenadas a un papel de submisión, Denébola agarra con forza o temón da súa vida e acaba sendo primeiro capitá dun barco pirata e logo propietaria dun dos maiores consorcios para o transporte de mercadorías entrambas as beiras do Atlántico. 'Denébola a Roxa' é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, que relata o desafío dunha muller brava nun mundo de homes. Un exemplo de como a afouteza e a perseveranza conseguen derrubar todas as barreiras.","brand":"Baía Edicións A Coruña. S.L.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53844106969430,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788499952109_1.jpg?v=1781837984","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/araujo-cajaraville-hector-denebola-a-roxa-infantil-xuvenil-9788499952109","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}