{"product_id":"aneiros-diaz-rosa-amote-leo-a-terminal-de-chegadas-infantil-e-xuvenil-camaleon-9788499146836","title":"Ámote Leo A. Terminal de-- chegadas? (INFANTIL E XUVENIL - CAMALEÓN)","description":"'Mamá, volvo á casa. Xa.' Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de Barcelona. A saia de tule de Praga. O piso do Trastévere. O Gran Canal de Venecia. O incendio da Alhambra nos ollos. O cheiro das xardas asadas de Eminonu. A mirada triste de Zerdali na Capadocia. As cobras da praza Djema-El-Fna. E, inseparable a todas as lembranzas, esa misteriosa mensaxe que aparece nos recantos máis insospeitados dos lugares que visita: Ámote Leo A. Pero esta madrugada do 11 de maio a Leo tanto lle teñen as pintadas, a morriña do vivido ou os soños aínda por cumprir. Só devece por regresar á casa. En cambio, unha sucesión de acontecementos inesperados fará que a súa vontade dea varias voltas sobre si mesma ata deixala ao bordo do precipicio. Deberá decidir entón se se atreve a dar o gran salto cara ao descoñecido. Claro que isto poñería a súa viaxe patas arriba e podería conducila ao máis alto dos seus desexos ou ao máis escuro dos abismosà Que fará Leo nesta encrucillada? Cumprirá o seu propósito de chegar á casa o 8 de xullo, tal e como prometera? Recuará sobre os seus pasos, ou asomarase ao precipicio dun novo e inesperado destino? Terminal deà chegadas é a terceira e última entrega da triloxía Ámote Leo A. Logo de Destino xalundes e Estación de tránsito, a moza solta os derradeiros lastres que lle quedaban e camiña sen cargas por un mundo no que se borraron todas as fronteiras. Seis meses, seis mil euros, e nada parece ter agora importancia. Tan só resta por saber unha cousa: regresará Leo algún día?","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53562155860310,"sku":"9788499146836-G","price":2.59,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788499146836_1.jpg?v=1781705823","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/aneiros-diaz-rosa-amote-leo-a-terminal-de-chegadas-infantil-e-xuvenil-camaleon-9788499146836","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}