{"product_id":"alvarez-costas-ledicia-o-corazon-de-xupiter-9788499144337","title":"O corazón de Xúpiter","description":"Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas.As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real... Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53513801302358,"sku":"9788499144337-G","price":12.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788499144337_1.jpg?v=1778194335","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/alvarez-costas-ledicia-o-corazon-de-xupiter-9788499144337","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}