{"product_id":"alonso-francisco-poetizate-antoloxia-da-poesia-galega-9788499142500","title":"Poetízate : antoloxía da poesía galega","description":"A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libro Poetízate ¿que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo¿ é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53820802728278,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788499142500_1.jpg?v=1781823288","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/alonso-francisco-poetizate-antoloxia-da-poesia-galega-9788499142500","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}