{"product_id":"alex-alonso-o-estranxeiro-9788411103862","title":"O estranxeiro","description":"Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos da estación de autobuses da cidade mediante o infalible método de meterlle a cabeza dentro dunha bolsa de plástico do Mercadona. Tras a súa detención, dá comezo un delirante xuízo no que o acusado trata de xustificar a súa criminosa acción.Unha obra que se move no gume do surrealismo e na que, baixo o humor negro que preside a proposta, se agocha unha mordaz crítica á sociedade actual, aos seus principios e valores e á voluble xustiza que decide o que é delito e o que non.A medio camiño entre 'A conxura dos necios' e a novela de Albert Camus da que toma prestado o título, 'O estranxeiro' constitúe unha reformulación da novela humorística, afondando nos mecanismos que manexa este xénero e ampliando as súas estremas, referencias e espazos clásicos.","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Used - very good","offer_id":53864852652374,"sku":"9788411103862-V","price":12.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/alex-alonso-o-estranxeiro-9788411103862","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}