{"product_id":"aleixandre-jimenez-marilar-a-cabeza-de-medusa-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo-9788499140988","title":"A cabeza de Medusa (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)","description":"Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve. A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - very good","offer_id":53676285886806,"sku":"9788499140988-V","price":5.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Used - good","offer_id":53604692197718,"sku":"9788499140988-G","price":4.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788499140988_1.jpg?v=1781721796","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/aleixandre-jimenez-marilar-a-cabeza-de-medusa-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo-9788499140988","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}