{"product_id":"alberto-mancebo-soto-indolente-9788411105712","title":"Indolente","description":"Estamos no ano 2041 e o Ministerio da Presidencia acaba de emitir un comunicado para alertar a cidadanía dunha gran tormenta xeomagnética causada por unha erupción solar que afectará o planeta nas próximas horas. Este contundente fenómeno atmosférico xa sucedera sete anos antes, con intensas auroras boreais atravesando o ceo de todo o mundo e con fallos xeneralizados nos sistemas de comunicación e de subministración eléctrica.Nora lembra agora aquela situación límite, mentres intenta cargar o seu coche nunha electrolineira de Negreira para chegar a Santiago canda a súa muller e as súas fillas cos equipos de urxencia que lles poden salvar a vida. Mais a viaxe non será doada.Alberto Mancebo crea unha poderosa e inquietante narración cunha atmosfera hipnótica e abafante para enfrontarnos a unha historia de ameazas climáticas que sitúan os personaxes nun escenario agónico e ante a necesidade de se decidiren entre a solidariedade ou a supervivencia individual.","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Used - very good","offer_id":53416178975062,"sku":"9788411105712-V","price":6.99,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788411105712_1.jpg?v=1781662190","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/alberto-mancebo-soto-indolente-9788411105712","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}