{"product_id":"alberte-blanco-a-soidade-do-inquisidor-9788411105590","title":"A soidade do inquisidor","description":"Durante o último terzo do século XVI, chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela rumores sobre prácticas pouco acordes coa doutrina católica no condado de Monterrei. O licenciado Xoán de Freixedo será o encargado de dirixirse á comarca do sueste ourensán para iniciar unha pescuda co fin de aclarar a natureza dos rumores.A aparición duns cadáveres de mulleres novas mortas en estrañas circunstancias provocará que a pescuda se vexa alterada e que dea paso a unha intricada historia na que se verán implicados frades do colexio dos Xesuítas, o intransixente inquisidor Diego de la Cantera, a condesa dona Inés de Velasco e outros moitos personaxes. Arredor deles vaise tecendo unha conexión entre as accións guerrilleiras dos rebeldes portugueses, unha mancebía ambulante, o colexio xesuíta e unha confraría pagá practicante de antigos ritos.A trama e o desenlace desta novela negra con fondo histórico seduce polo seu trepidante ritmo e por unha narrativa que nos mergulla nunha atmosfera de intriga atravesada pola transgresión, a intolerancia e a liberación.","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Used - very good","offer_id":53583759966550,"sku":"9788411105590-V","price":2.49,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788411105590_1_10ad0bd2-6104-4ed7-b4b4-bc2904979404.jpg?v=1778538275","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/alberte-blanco-a-soidade-do-inquisidor-9788411105590","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}