{"product_id":"agustin-fernandez-paz-aire-negro-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo-9788499144313","title":"Aire negro (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)","description":"Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado.'Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria.' O doutor conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Used - good","offer_id":53645595738454,"sku":"9788499144313-G","price":1.6,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"Used - acceptable","offer_id":53548026331478,"sku":"9788499144313-B","price":1.59,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/5829\/5382\/files\/product_image_9788499144313_1.jpg?v=1781700907","url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/agustin-fernandez-paz-aire-negro-infantil-e-xuvenil-fora-de-xogo-9788499144313","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}