{"product_id":"abad-antonio-jose-as-catro-estacions-9788484647867","title":"As catro estacións","description":"O esquío estaba marabillado. Correu dun lado para outro no céspede mol, gabeou polas árbores rozándose cos gromos e, dende o máis alto, chamou os demais esquíos: Saíde, axiña, chegou a primavera ... “As catro estacións”, de Antonio Vivaldi (Venecia, 1678-Viena, 1741), é unha das mellores composicións da música barroca. Precoz mestre de violín, o seu virtuoso creador chegou a compoñer 600 concertos, 100 óperas e numerosas pezas para instrumentos. Inspirándose nesta obra, José Antonio Abad presenta un relato bucólico ambientado nun bosque, onde describe os cambios estacionais: a primavera co seu traxe de flores, o sofocante calor do verán, a chegada do outono cando as árbores lle regalan ao vento a súa follaxe, e a choiva de confeti branco do inverno.","brand":"Kalandraka","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53878898262358,"sku":null,"price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"url":"https:\/\/www.momoxbooks.com\/products\/abad-antonio-jose-as-catro-estacions-9788484647867","provider":"momoxbooks","version":"1.0","type":"link"}